domingo, 29 de diciembre de 2013

Os homes necesitan practicar o tiro dúas veces pola semana con amigos para ben da súa saúde

28 de novembro de 2013

 

Un estudio realizado conxuntamente polas universidades de Oxfor e Cambre asegura que os homes que máis entrenan no campo de tiro recupéranse das enfermedades con máis rapidez

 

Os varóns deben saír de casa a disfrutar cos amigos no campo de tiro por razóns de saúde física e mental



Esta é a conclusión dun recente estudio levado a cabo entre o 100% dos socios do noso club polas universidades de Oxfor e Cambre. Según dos investigadores, o extenso informe, financiado polo clúster armamentístico que forman Smith&Wesson, Remington, Sig Sauer, Glock, Magtech, HK, Colt, Pedersoli, Geco e outras moitas, amosa un resultado abraiante: «os homes que se xuntan máis de dúas veces á semana nun campo de tiro cos seus amigos son máis felices e recupéranse antes das doenzas ocasionais, descargan o estréss cotián e gozan dunha vida sexual máis activa e pracenteira para as súas parellas», aseguraba o noiés Tony Maneiro, coordinador do estudio e xefe do Science Enviremment Office (SEO) da Universidade de Cambre.

Un dos nosos socios, que ven sendo o Magnífico Rector da Universidade de Cambre, no momento de máxima concentración previa ao estudio científico. Cabe salientar que o suxeito do ensaio negouse a vestirse co estúpido chándal que obriga a federación para os campionatos.


Robin Dun-Bar, antropólogo evolutivo e profesor da Universidade de Oxfor, aseguraba á axencia internacional United Galician Press que aqueles homes que realizan habitualmente actividades como ir a un bar a tomar unha cervexa cos amigos ou practicar deportes como o fútbol ou o tiro olímpico  (ou sen ser olímpico) con posterior chourizada, viven máis sans: «os que se manteñen nos grupos sociais que papan churrasco con bo Mencía e practican o tiro con armas recupéranse da enfermidade en menos tempo».


Carmiña, socia do noso club, con dúas poderosas razóns para ser campeona de grueso calibre, presentouse voluntaria co seu home para o experimento.



Este informe salienta que «cando os homes se reúnen coas amistades ou cos compañeiros do club de tiro para competir ou entrenar coas súas armas, fortalecen os lazos sociáis mellorando as condicións mentais de vida. Así mesmo, o tiro axuda a mellorar o ritmo cardíaco, baixa os niveis de azucre e triglicéridos no sangue, reduce o ritmo cardíaco, queima o exceso de calorías e aumenta o nivel de dopamina (hormona do pracer) en sangue».


Maripepa, a nosa campeona, asegura que sempre entrena con dúas Desert Eagle do .44 Magnum para chegar relaxada a casa. Hai quen di que vai cazar xabaríns con esas ferramentas e que cociña como os anxos; podo dar fe do segundo.

















Doutra banda, as parellas (femeninas e masculinas) dos tiradores decláranse moi entusiasmadas coa afición das súas medias laranxas. Non é pra menos, pois unha das conclusións do estudio asevera que «a frecuencia, satisfación e saúde da súa vida sexual increméntase ao mesmo ritmo que os entrenamientos e depende do calibre que máis utlice o tirador». 

A entrenadora rusa do club Tattienne Chochonova é a máis solicitada polos tiradores veteranos.

Deste xeito, gracias a este estudio científico sabemos que: 
  • os tiradores que usan o calibre 22 teñen moitas relacións diarias, pero en moi pouco tempo e non deixan "pegada"
  • os de aire desínflan rápido se non están moi motivados
  • os da carabina están acostumbrados a trios e cuartetos porque nunca poden facelo en parella sen que os espien
  • os de Pistola Libre van de un en un e tiran moi lonxe, e as parellas sen paciencia desespéranse
  • os usuarios do 357 Magnum e do 9 mm son potentes e seguros amantes que adoitan ter boa puntería, pero cóstalles controlar o disparo
  • os tiradores de avancarga son uns clásicos: elegantes, artesáns da faena, sen presas, con emoción, moita sabiduría e paixón. Os máis apreciados despois dos do 45 Auto
  • os poseedores dunha semiautomática 1911 do 45 Auto somos potentes, seguros, hábiles, precisos, apaixoantes e apaixoados, con munición sen fin, seguros do que teñen entre mans, son os tiradores-amantes máis valorados neste estudio

Madame Catrebon, a nosa árbitro principal e gabacha, impoñendo a súa decisión inapelable cunha Glock 17 a un tirador díscolo que protestaba unha decisión arbitral supostamente inxusta.

Saúde, moita pólvora para todos e Feliz Ano!