miércoles, 20 de marzo de 2013

XII Tirada do Cocido de Lalín. 2013

O primeiro é disculparme polo retraso inxustificable en publicar esta clasificación que tan amablemente me pasou Fran López do Club Cabe de Monforte, club onde celebramos a tirada o 20 de xaneiro de 2013 e onde estivemos moi ben atendidos; ata tiñan un cañón térmico para loitar contra a xiada de xaneiro, café, bolechas deliciosas, refrescos...

E de seguido debo felicirtar a José Ramón Prieto e compañía pola organización deste trofeo de Pistola Standard, xa un clásico no calendario galego de torneos de inverno, esperemos que por moitos anos máis. Bo ambiente na galería de tiro de Monforte, maxestuoso e afrodisíaco cocido de porco celta ecolóxico en Rodeiro e ¡¡¡os trofeos!!!, ¡eses porquiños lalinenses de cerámica tan xeitosos que son peza codiciada por coleccionistas do mundo enteiro!

Clasificación da XII Tirada do Cocido de Lalín. 2013

AERO: Aeroclub de Rozas; CABE: Monforte; COSTA: Costa Lucense de Xove; CTO: Club de Tiro Ourense.


DAMAS:
1era Beatriz Pereira Lamas (CTO)
2ª     María Remedios Castedo Carballo (AERO)

VETERANOS
1º Jose Luis Fernández Flores (SAN FROILAN)
2º Jose Manuel Iglesias Miniño
3º Jose Ramón Prieto Eiró
4º Antonio Gallego Marzabal
5º Carlos Bermúdez Cociña (COSTA)
6º Jose Antonio Valcárcel Tallos (CABE)
7º Antonio Prieto Barbeito
8º Gonzalo Torreiro Gómez

SENIOR:
1º Julio Rivas Iglesias (SAN FROILAN)
2º Juan Carlos Buide Morandeira (AERO)
3º Miguel Colmenares (AERO)
4º Jose Antonio Fernández Garrido (AERO)
5º Gervasio Murado Linares
6º Juan Doval Rodríguez (CTO)
7º Omar Pelaz Cobelo (COSTA)
8º Áitor Pérez Fernández
9º Alberto Vila Freire (CABE)
10º Alfonso Baján Lopez (AERO)
11º Antonio Astorgano Casal
12º Oscar Torreiro Sobrado (AERO)
13º Eleuterio López Pérez (AERO)
14º José María Moure Hermida (CABE)
15º Antonio Pereiro Estévez
16º Xavier Barreiro Luces  (AERO)
17º Gonzalo Torreiro Sobrado
18º Ezequiel Baján Medela (AERO) 5
19º Jorge Hugo Ortega Sánchez
20º Lino Nogueira Vidal

... e así ata quinientos tiradores máis, con razón ou sen ela.

Aquí tedes algunha fotografía cedida por Gonzalo Torreiro Sobrado, que gracias ao seu labor como fotógrafo temos constancia gráfica de tódolos asistentes.


O noso Presidente, Gonzalo, recibindo un porquiño de Lalín

 O compañeiro Antonio Marzabal co seu porquiño na man esquerda

O organizador, Ramón Prieto, entregándolle un porquiño a Xulio Rivas


Os participantes deste ano xa estamos esperando a seguinte edición. Mentras, moita saúde e máis pólvora.