jueves, 7 de junio de 2012

Curso de recarga en A Coruña do 30/06 ao 1/07

data: 30/06 ao 1/07
onde: A Coruña
coste: 100 €, aproximadamente
inscripción: Delegación da FEGATO en Lugo
982 25 05 70, polas tardes de luns a xoves e de 19 a 20 horas
lugo@fegato.eu


Dende o 30 de xuño ao 1 de xullo terá lugar en A Coruña un curso de recarga de cartuchería metálica. Este curso é imprescindible para consegui-lo certificado da Escola de Tiro da Federación Española de Tiro Olímpico que temos que presentar na intervención de armas para que nos concedan o permiso de recarga.

Ter permiso de recarga non implica saber recargar, por iso, unha vez que teñamos o permiso de recarga, será moi conveniente "practicar" con xente experimentada e leer algún libro de recarga como os de Saúl Braceras ou o de René Malfatti, ambos en español, e outros en inglés como os de Hornady ou RCBS.